Benvidos o blog de galego do colexio Marista Santa María

Este blog nace co propósito de ser unha ferramenta de aprendizaxe e comunicación para os alumnos de 3º ciclo de primaria do colexio Marista Santa María.


O nome do blog "A escola das areas " está baseado nun texto de Frei Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento chega a Pontevedra para buscar un remedio para a varíola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.

Sarmiento foi un mestre cun método educativo "innovador" para a súa época do cal se conservan moitas liñas de actuación hoxe en día.

Velaquí tedes un vídeo no que podemos observar o método educativo de Frei Martín Sarmiento.