Día da Constitución ( 6 de Decembro )


A Constitución é a Lei máis importante de calquera país xa que establece os dereitos e liberdades dos cidadáns, regula e determina a estrutura e o funcionamento dos distintos poderes que hai no noso país e define a organización política e territorial do país.
Non é a primeira Constitución do noso país xa que a primeira de todas foi a Constitución de 1.812.


A nosa Constitución actual foi aprobada polo Parlamento e referendada pouco despois polo pobo o 6 de decembro de 1.978.Nela encontramos establecidos os dereitos fundamentais de todos os españois, a división do poder político, executivo e xudicial, a Monarquía parlamentaria e a organización do Estado en comunidades autónomas.

Nela recóllense moitos artigos que foron aprobados para facernos a vida moito máis doada e sinxela. Coñeces algún artigo da Constitución??