Esconxuro Queimada

Dado o interese suscitado polo tema do esconxuro da queimada, déixovos máis información neste post.
Os tres elementos esenciais nos que se basea a queimada son a Terra, a Auga e o Lume.
A TERRA: simbolizada na queimadeira ou pote de barro, esa terra orixe e destino do home, está presente en todas as culturas, encarnando as deusas nais, GeaIstharPachamama...
A AUGA: cada gota de augardente é unha bágoa da nai Terra xerminada en forma de grans de uva, sangue fecundo que se fundirá no noso corpo a través da apócema, uníndonos á terra dos nosos antecesores, á nosa historia.
O LUME: Que danzará libre no barro prendido en augardente serviranos, como antano, para purificarnos, iluminarnos e quentarnos.
A tradición indica que mentres se fai a queimada hai que recitar o esconxuro para espantar as meigas e os malos espíritos.

ESCONXURO da QUEIMADA
Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.       demos, trasnos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas,
feitizos das mencinheiras.
Pobres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas,
mal de ollo, negros meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregon da morte,
foucinho do satiro e pe do coello.
Pecadora lingua da mala muller casada
cun home vello.
Averno de Satan e Belcebu,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cus,
muxido da mar embravescida.
Barriga inutil da muller solteira,
falar dos gatos que andan a xaneira,
guedella porra da cabra mal parida.
Con este fol levantarei as chamas
deste lume que asemella ao do inferno,
e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas,
indose bañar na praia das areas gordas.
¡Oide, oide!
os ruxidos que dan as que non poden
deixar de queimarse no agoardente,
quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males da nosa ialma
e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vos fago esta chamada:
si e verdade que tendes mais poder que a humana xente,
eiqui e agora,
facede cos espritos dos amigos que estan fora,
participen con nos desta queimada.