Banda Deseñada

Nesta avaliación os nen@s de 5º de EP utilizamos a Banda Deseñada como instrumento de comunicación e soporte de expresión creativa.
Cada un dos alumn@s realizou a súa propia Banda Deseñada partindo dunhas indicacións previas.
A ferramenta utilizada para este traballo é a aplicación da web de PIXTON.
Os obxectivos desta actividade foron os seguintes:
  • Utilizar de xeito responsable e creativo as TIC para aprender a aprender, obter información e compartir coñecementos.
  • Utilizar a lingua como instrumento de comunicación e soporte de expresión creativa.
  • Integrar a información pertinente de forma resumida e esquemática.
  • Potenciar a sensibilidade e o espírito crítico á hora de expresar as propias ideas e emocións.
  • Ser capaz de adaptar a comunicación ao contexto.
Algunhas das competencias que traballamos empregando a Banda Deseñada coma recurso son:

  • COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA
  • CULTURAL E ARTÍSTICA
  • APRENDER A APRENDER
  • SOCIAL E CIDADÁ
  • TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
  • COMPETENCIA DIXITAL
  • AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL